Neste momento estás a ver Gaza, un xenocidio televisado

Gaza, un xenocidio televisado

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

O xenocidio do pobo palestino segue a ser perpetrado polo Estado de Israel malia o silenciamento público da realidade tralo falso alto o fogo e a manobra de imaxe pública da Xunta de paz imposta unilateralmente por EEUU. Cada día seguen morrendo palestinos baixo as bombas ou polas insufribles condicións nas que son forzados a subsistir en campos de refuxiados ou cidades convertidas en ruínas. Mantense o desprazamento e confinamento da poboación e o bloqueo da axuda humanitaria destinada ás vítimas da guerra.  “Gaza, un xenocidio televisado” é o título do libro de Mohamed Safa, médico e activista palestino residente en Galicia. Na biblioteca pública Nós, convidado por BDS Galiza, falou das orixes e do momento actual do conflito de Palestina. Radio Liverdade recolleu as súas palabras.

Mohamed Safa naceu en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo estado de Israel dende 1967. Médico oftalmólogo de profesión, realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente reside na localidade galega de Corcubión. Incansable loitador polos dereitos do seu pobo, Safa ten impulsado e participado en innumerables iniciativas culturais e políticas destinadas a dar maior visibilidade á causa palestina máis alá do discurso oficial e da narrativa imposta polos grupos sionistas, antisemitas e pola ultradereita.

O movemento BDS Galiza, propugna o boicot ás empresas e ós produtos procedentes de Israel, os desinvestimentos nos intereses económicos israelís e sancións efectivas contra o Estado sionista. Organiza a resposta cidadá ante o xenocidio, a limpeza étnica e a persecución do pobo palestino e fronte á manipulación informativa e as mentiras sobre a realidade histórica de Palestina.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.