Neste momento estás a ver Laicismo: unha porta á liberdade

Laicismo: unha porta á liberdade


Descargar programa

Non vos deron arrepíos? Escoitar todas esas invencións, prohibicións e persecucións que leva feito século tras século a igrexa. Esa culpabilidade cando amamos diferente, eses remordementos cando nos masturbabamos de nenas, esa xenreira cando nos roubaban os segredos no confesionario… Nós rebelámosnos e apostatamos. E non fixemos un programa de radio xornalístico nin imparcial, non, fixemos unha análise das actitudes da santa, din, sede e unha apoloxía da apostasía. Para iso temos con nós ás ateas e ateos confesos, Cristina Asenjo, do sindicato de educación STEG, ao avogado Alfonso Pazos, a Karina Mouriño de Europa Laica, a Manuel Precedo, que sabe ben de como apostatar e do Fecal, e a Carmen Sueiro, activistas feminista e laica.

Alba Pazos e Emilio Tilve aos micros, na mesa de son está Uxía Buciños e graciñas tamén a Martiño polas fotos e a El Pueblo por acollernos!

Neste programa puideches escoitar:
A igrexa mata, apostata
Madonna – Like a prayer
Fecal: Ramona Los Hoyos – Abortarei
Fecal: El Gavilán Ateo – Que peligro tiene


Descargar programa

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.