LSYTSDA (Lo siento, yo tampoco soy de aquí), de Natasha Lelenco, é unha instalación visual e sonora que aborda a mobilidade humana a través do dispositivo da cara da moeda. O proxecto parte da experiencia da artista, orixinaria de Moldavia, como migrante, e medra coas historias doutras persoas. Nesta fase realizáronse máis de 50 entrevistas, que constitúen a base documental dunha proposta na que voces, retratos e imaxes compoñen un relato coral sobre o desprazamento, a identidade e a pertenza. Radio Liverdade falou con Natasha Lelenco e escoitou as voces das moedas.
VISITA A WEB DO PROXECTO LSYTSDA PARA VER OS RETRATOS E ESCOITAR TÓDALAS VOCES


Hubo espectáculo visual acompañando estas entrevistas? Si se grabó y se publica, al menos un enlace sería interesante.
Gracias
Na web https://yotampocosoydeaqui.com/es están as entrevistas completas con seus vídeos.