Na Praza Maior de Ourense máis de 2.000 persoas esixiron á Xunta de Galicia cambios radicais nas políticas forestais para frear a desfeita medioambiental que xa levaba arrasadas máis de 100.000 hectáreas na provincia. Pediron a dimisión do presidente Rueda, denunciaron a manipulación informativa da catastrofe e demandaron axudas urxentes para os espazos queimados, os núcleos de poboación destruidos e as industrias agropecuarias prexudicadas.
