Neste momento estás a ver Memorial dos calcetíns: o xenocido en Gaza segue

Memorial dos calcetíns: o xenocido en Gaza segue

Uxía Morán, cordinadora do Memorial dos calcetíns, explica o significado da intervención artística.

O Memorial dos calcetíns é unha homenaxe ás infancias estragadas por Israel en Gaza; ós milleiros de nenas e nenos asasinados dende que comezou o desprazamento do pobo palestino, e ós que, ainda sobrevivindo á persecución e ó acoso, resultan feridos ou mutilados, son forzados a fuxir, sobrevivir en campos de refuxiados en circunstancias inhumanas, privados de alimento, de seguridade, das súas familias, de educarse ou de xogar. Condenados a madurar prematuramente, á lexítima loita armada e ós horrores dunha guerra interminable contra dun Estado, o de Israel, que fundamenta a ocupación do territorio nun designio divino. Máis 65.000 nenas e nenos morreron asasinados, ou resultaron gravemente feridos, dende que empezou hai máis de dous anos a ofensiva de Israel sobre a franxa de Gaza. UNICEF avala estas cifras e a calificación de infancia estragada. A organización do Memorial dos calcetíns recolleu durante meses calcetíns infantís doados polos ourensáns para esta acción artística de solidariedade, memoria e dignidade. Uxía Morán, coordinadora do Memorial dos calcetíns, explicou que: “Malia o silenciamento da realidade, propiciado por Israel e os Estados Unidos, o xenocido segue en marcha e son milleiros os palestinos mortos ou feridos dende o teórico alto o fogo”. Eliximos o 15 de maio para celebrar este memorial porque nesta data se conmemora o 78 aniversario da “Nakba”, que en árabe significa catástrofe ou desastre. Foi o principio do éxodo de milleiros de palestinos forzado por Israel en 1948 para ocupar o seu territorio histórico co silencio cómplice da comunidade internacional que ainda se mantén fronte ó actual xenocidio.

Alfonso Cid, de Radio Liverdade, comenta o problema que tiveron co concello de Ourense para celebrar o Memorial dos calcetíns na céntrica praza de Bispo Cesáreo.

Radio Liverdade, colaborador na organización deste “Memorial dos calcetíns”, quere denunciar públicamente a actituación do concello de Ourense que prohibiu a celebración deste evento na praza de Bispo Cesáreo, lugar elixido polos organizadores por ser un espazo público céntrico e transitado oportuno para difundir un posicionamento humanitario e político. A solicitude de permiso para instalar nunha zona da praza as cordas cos calcetíns, aceptando pagar a inxusta taxa por ocupación de vía pública, foi rexeitada co decreto núm. 2026005021do concelleiro delegado de Obras públicas, Servizos urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo, en base a un informe xurídico que se limita a enumerar unha serie de textos legais e non argumenta razón ninguna para denegar o permiso. Entendemos que se trata dunha resolución arbitraria nun asunto administrativo a sabendas da súa inxustiza. Opinamos que é un caso de prevaricación administrativa por razóns ideolóxicas. Esgotar a vía administrativa, mediante a interposición de recursos ou demandas polo Contencioso, neste caso concreto, sería inútil dado o simbolismo e a oportunidade da acción pública. Vemos oportuno emprender un procedemento para que se investigue a presunta prevaricación, mediante a figura xurídica da acusación popular ou a que corresponda. Neste sentido convidamos ós profesionais da avogacía ourensá para actuar pro bono, ou mediante a retribución dun euro, en defensa dos dereitos públicos secuestrados, neste caso de expresión. Alfonso Cid, de Radio Liverdade, considera que “O goberno municipal actúa por razóns ideolóxicas, prohibindo sen base legal o uso dun espazo público cunha actividade de opinión, pacífica e que non ia causar problema ningún á cidadanía”.

A biblioteca pública Nós, refuxio de liberdade, nunha cidade gobernada por enimigos da cultura, prestou xenerosamente o seu apoio acollendo nos soportáis da Praza da República o Memoral dos calcetíns, que permanecerá instalado ata o sábado 23 de maio.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.