Neste momento estás a ver Nós As Poetas #1

Nós As Poetas #1

Ir a descargar

Nós as Poetas é un programa de poesía producido e conducido por Rober Figui que fala, cheira, sabe e soa a poesía. Para darlle voz ás poetas que foron participando nas tres últimas edicións do roteiro ‘O Paseo das Letras’ que organiza o colectivo EsCuA dentro das actividades do VeránEarte.

Un espazo de entrevistas na Radio Liverdade para coñecer mellor ás nosas poetas galegas e que sexan elas as que nos falen de sí mesmas e do seu traballo literario. Pero ademais, da creación poética falarán de moitas outros temas, da vida, do amor, de música ou soños por cumprir.

Neste primeiro programa de Nós As Poetas, Rober Figui entrevista á pintora e poeta Adolfina Mesa. Unha conversa que mantiveron o sábado 10 de abril de 2021 no Café Cultural El Pueblo, en Ourense. Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron e que fixeron posible este programa e especialmente a Adolfina que nos regalou a marabilla de logotipo para o programa aportando as súas cores e emocións.

Imaxe realizada por Adolfina Mesa

Neste Nós As Poetas soaron:
Cabeceira do programa: Najla Shami & Uxía – Na lingua que eu falo
Fuxan os ventos – O Carro
Eagles – Hotel California

Ir a descargar

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.