Como lograr e manter o goberno dun concello de 100.000 habitantes dende un grupo político unipersoal usando de modo efectivo unha emisora local de televisión e as redes sociais. Analizamos o éxito de Democracia Ourensana dende a perspectiva dos medios e das estratexias de comunicación. Os acertos do partido jacomista e os problemas dos outros partidos para competir acertadamente polos votos dos ourensáns. María José Álvarez, de Faro de Vigo, Miguel Ascón, de La Voz de Galicia, Diego Freire, de Noticias Dispersas, e Iván Iglesias, de Ouké!, dialogan no Café Cultural Ceres con Alfonso Cid, de Radio Liverdade, sobre este fenómeno da comunicación política.
