Na XXXIVª edición do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que convoca a deputación de Ourense, o xurado premiou como mellor traballo xornalístico o podcast “As nais que non vos pariron” realizado polo ourensán Alfonso Cid González en Radio Liverdade Nel narrase a historia de Obdulia Díaz Picouto e a súa filla, Lola Nóvoa Díaz, que ao longo de 38 anos axudaron a través dunha rede de solidariedade a máis de 200 crianzas no casco vello de Ourense, a maioría fillos de prostitutas. O fallo destaca que o espazo radiofónico transmite con rigor e emoción a magnitude do labor destas figuras, que foron quen de ofrecer a oportunidade de recuperar a dignidade aos menores.
