Neste momento estás a ver O pazo de xa foi

O pazo de xa foi

Ir a descargar

A mediados dos 80′ un comando de catro mentes privilexiadas da xuventude ourensá, realizou una manchea de programas radiofónicos dunha gracia e mordacidade ata entón descoñecidas.

Os perpetradores do Pazo de xa foi. De esquerda a dereita Julio Rivera, José Lino Vázquez-Monjardín, Javier Páramo, Arturo Alonso e Luís Vázquez no corredor de Radio Cadena Española en Ourense a mediados dos 80′

Sucedía na emisora de Radiocadena Española en Ourense este fenómeno precursor de espazos de humor teatralizado como Gomaespuma, Os muñegotes, Vaia semaniña ou Polonia. Non tardaron en ser referentes da actualidade local. Agora, transcorridos 40 anos, Radio Liverdade recupera os vellos arquivos de audio, gardados en fitas de casete, para reivindicar este epidodio da gracia ourensá. Especial homenaxe a Julio e Javier, que trascenderon ás ondas hertzianas. Se en Ourense ainda se dán algúns dos problemas ou conflitos daquela lonxana época, quizais a provincia ache no Pazo de xa foi a solución. Os catro héroes usaban os nomes supostos de Julio Rivera, Arturo Alonso, Javier Páramo e José Lino Vázquez Monjardín. Pazo de xa foi emitiase diariamente dentro do magacine matinal Café de chinitas conducido por Abelardo Vázquez e Luís Vázquez. Este último facía o control de son e a realización técnica da maioría dos espazos grabados nun ambiente de absoluta improvisación.

Para este exercicio de memoria seleccionamos nove espazos. O primeiro que escoitaremos está dedicado ós zulos que o exército guerrilleiro do pobo galego ceibe tiña na Ribeira Sacra. Logo van dous sobre actualidade cultural ourensá, a Atenas de Galicia; cos artistas plásticos e cos creadores literarios. Sobre a política local escoitaremos como se organizaba o tráfico de influencias e asistiremos a un pleno municipal dedicado a Balbino Álvarez, tránsfuga que facilitou o acceso á alcaldía do socialista Veiga Pombo. Logo coñeceremos a célebres delincuentes comúns da cidade e as novidades tecnolóxicas que melloraron a producción agropecuaria. Finalmente participaremos dun debate plenario sobre os salarios dos concelleiros e atenderemos a unha peza de analise sobre a crónica discriminación de Ourense nos investimentos da Xunta e do goberno central. Para rematar esta homenanxe ó Pazo de xa foi falaremos co locutor Luís Vázquez sobre os avatares daquela aventura.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.