Neste momento estás a ver O virus é a coroa

O virus é a coroa


Escoitar Programa

Benvid*s a un novo programa de Efecto Bandua: “O virus é a coroa”!

A raíz do estado de alarma declarado polo goberno a mediados do mes de marzo as banduas atopámonos nas ondas.

Coa emerxencia ante esta crise sanitaria, social, económica, de coidados… e a raíz das medidas decretadas que impuxeron o illamento nas casa, emerxe este espazo sonoro onde compartir ideas, reflexións, vivencias, estratexias individuais e colectivas, poñendo en corentena o medo e avivando o pensamento cítrico!

Neste programa reflexionamos sobre a saúde, a enfermidade e a morte… sobre autoxestión… sobreinformación, militariazación, represión, culpabilización e medo… achegamos algunhas estratexias psicosociais para afrontalo confinamento e as repercusións derivadas das medidas e restricións impostas polo estado de excepción… compartimos algunhas das iniciativas sociais que agromaron nestas semanas… falaremos de agroecoloxía… poremos voz ás realidades invisibilizadas dos cárceres, dos CIES e das traballadoras do fogar e dos coidados… escoitaremos ás xentes que quixeron compartir coa Radio LiVerdade os seus sentires e pensares…

Un programa polifónico tecido con moita calma e mimo, fiado con humor e boa música!

Agradecemos a todas as mulleres bonitas que tiveron a ben responder ás nosas preguntas e contribuir coa súa voz ou as súas críticas a facer bonito e nutritivo este proceso creativo. Tamén a toda a xente que participa del, ás que nos escoitades e ás que nos habedes escoitar… E moi especialmente a Migallas das Chas por botar umha orelha, ou as dúas, e toda unha tarde a facer do bonito, fermoso…

Agardamos que estes sons impulsen outras sementes, que vos preste e que a MAXIA de BANDUA asegure os LAZOS QUE NOS UNEN!”

Para +contrainfo: Efecto Bandua

Para contactar connosco e enviar a túa adicatoria e nota de voz: efectobandua@riseup.net.

Músicas:

Nicola Cruz – Sanación
Sés – Serei curiosa
The baboon show – Radio Rebelde
Chayanne – Madre Tierra
Gertrudis – Bon dia vida
Anugama & Sebastano African journey (B.S.O do documentario “Baraka”)
Paso a Paso – Gaiafonía
Folkólicos
Capicua – Casa no campo
Galegos do Tempo dos Sputnik – Cantiga para unha antroitada
Berrogueto – Xente
Narf e Manecas Costa – Esta Noite
Anugama & Sebastano African journey (B.S.O do documentario “Baraka”)
Baiuca – Solpor
Gonzalo Vargas – Wipala (B.S.O do documentario “Baraka”)
Aliboria · Xosé Lois Romero- A roda da vida
Natalia Doco – La Última Canción
Mercedes Peón – Paralá
Lila Downs- Los caminos de la vida
Onda Vaga – Mambeando
Valse da Vila da Igreja de Cerzeda
Tijeritas – Vuela
Suán- Serán de Oitavén


Escoitar Programa

Comparte:

Esta entrada ten 2 comentarios

  1. Pilar Lorenzo

    Gústame,e diferente fresco, o conto final encantoume

  2. Angeles

    Me ha encantado. Muy de acuerdo con casi todo
    Gracias por enviarlo. Espero más
    Gracias por la música y por la visión crítica y realista
    Ánimo…y esperamos más

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.