Foron veciños de pisos altos de edificios do contorno do Posío quen deron o sinal de alarma cun vídeo no que se apreciaba a tala polo pé de numerosas árbores, a sobrecarga sobre zonas verdes de entullo e maquinaria pesada e outras agresións ós elementos naturais deste histórico espazo público. Unha asemblea cidadá celebrada ás portas do xardín reclamou o día primeiro de maio información sobre o cumplimento real do proxecto de reforma integral do Posío que ten un presuposto de 2.600.000 euros e un ano de obras por diante. Radio Liverdade estivo na asemblea.
