O xenocidio que o Estado de Israel está perpetrando contra do pobo palestino provoca a reacción dos ourensáns. Cada semana, dende que comezou a masacre saen ás rúas da cidade para protestar pola crueldade e a impunidade do exército sionista. Para berrar contra do silencio culpable e a complicidade dos estados e dos organismos internacionais. Escoitemos testemuños de ourensáns que explican porque acoden a estas mobilizacións, os lemas coreados e fragmentos dos manifestos lidos durante as concentracións.
