O festival Pedra chega á súa quinta edición con duas xornadas no aberto do museo etnográfico de Loiro, en Barbadás, e unha no Pazo Museo de Otero Pedrayo en Trasalba, Amoeiro. No programa están a Fundación Legar, Neonymus, Dj Dani Tamayo, Allo Negro, Regueifa tour, Uxía Morán, Lideira, Dj Tristón, Vimbio, Cinta Adhesiva e Ulises en Trasalba. Canda as actuacións artísticas, actividades relacionadas coa arqueoloxía, xogos populares, contacontos, xantar e beber na natureza e boa compañía. Días antes dos acontecementos falamos do festival, e doutras historias relacionadas, con Óscar Penín, o irresponsable da organización; con Alicía, a Barwoman da Comisión; con Emilio Tilve e Raúl Piñeiro, vello púbico habitual dos Pedra e con Dj Tristón, artista especial.















Pedra 24′ Loiro, en imaxes










