Neste momento estás a ver PERSOAL DE UNVI DENUNCIA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA NAVE

PERSOAL DE UNVI DENUNCIA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA NAVE

 

Ir a descargar

 

Mobilizacións en Unvi para reclamar unhas condicións dignas de traballo no novo centro de traballo en San Cibrao das Viñas

 

Pouco se fala nos últimos tempo da loita obreira, pero as traballadoras de UNVI voltan ás rúas. O persoal da Unidade de Producción UP3 de UNVI, a empresa ourensá de fabricación de autobuses e vehículos especiais, inician un calendario de mobilizacións co fin de reclamar unhas condicións laborais dignas.

A Radio libre e comunitaria de Ourense, Radio Liverdade, acompañou os traballadores da Unvi na primeira xornada de mobilizacións e contáronnos como lles está a afectar as condicións laborais en que están a traballar. Quéixanse sobre todo, das moi baixas temperaturas no interior da nave pola falta de calefacción e a carencia de sistemas de extracción de fumes e gases nun lugar onde se manipulan produtos tóxicos. 

Este xoves, 13 de febreiro un grupo de traballadores concentráronse diante da nova nave, situada no rúa 7 do Polígono de San Cibrao das Viñas. O cadro de persoal de UP3 asegura que leva máis dun ano traballando en precario, durante o cal a empresa só fixo ouvidos xordos ante as demandas do comité en matería de saúde e riscos laborais, tapando malamente as eivas máis cativas, pero sen solucionar as realmente importantes deficiencias e nocivas para as traballadoras. Entre as principais reclamacións está a instalción dun sistema de extracción de fume e a calefacción neste novo centro de traballo, onde agora están unhas 40 persoas realizando labores de produción. Piden ter as mesmas condicións que teñen nas instalacións centrais da empresa.

A maioría do comité de empresa (CUT e CIG) deron comezo a unha serie de actos de protesta para defender seus dereitos laborais.

As instalacións da UNVI en San Cibrao das Viñas son o pouco que queda en Ourense da emblemática firma UNICAR, liquidada nos anos noventa do pasado século nun proceso contencioso que culminou coa recalificación urbanística dos terreos que ocupaba na zona de Mariñamansa, hoxe ocupados por bloques de vivendas a beneficio privado. Esta recalificación fíxoa o concello a cambio do mantemento de postos de traballo. O grupo Pérez Rumbao, maioritario en UNVI, deslocalizou parte da produción a Vilagarcía e Portugal.

Preme para ver o vídeoVer o vídeo

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.