Os ourensáns volveron petar na conciencia colectiva para manter viva a denuncia do xenocidio e a limpeza étnica que Israel segue perpetrando impunemente contra o pobo palestino. Secundando un chamamento da Alianza Global por Palestina, Radio Liverdade e BDS Galiza convocaron un acto no Xardín do Posío para facer sonar as súas reivindicacións, bailar o Dabke, voar papaventos e coñecer, a través dun conto, como vivian os palestinos cando os deixaban vivir. Tamén escoitamos a Tamara, unha muller nova, de orixe Palestina, veciña refuxiada en Ourense, que busca traballo e unha vivenda estable.




ᴏᴜʀᴇɴsᴇ sᴜ́ᴍᴀsᴇ ᴀ́ xᴏʀɴᴀᴅᴀ ᴍᴜɴᴅɪᴀʟ ᴅᴇ ᴀᴘᴏɪᴏ ᴀ ᴘᴀʟᴇsᴛɪɴᴀ.
@radioliverdade e @bdsgaliza converteron o xardín do Posío en sede das actividades da xornada mundial de apoio a #Palestina impulsada por @gafpalestine
https://www.instagram.com/reel/DeZjwDoovzx/?mdxt=Y2oyczBrd2Vxa3kz
Grazas a Adriana Pérez, de redeiras.net, que fixo o precioso cartel, a Eva Domínguez, de Espazo Muma’s, polo baile, a Uxía Morán, actríz, polo conto e os papaventos, e a toda a xente que participou e bailou no Posío.
