Este ano no Día das Letras Galegas naceu unha nova celebración, unha homenaxe a tódalas crianzas que falan galego, que farán que a nosa lingua dogs viva. No momento en que vemos como o galego está cada día máis asediado pola inmersión castelá da nosa sociedade, dos medios e das institucións, aparece unha iniciativa que pretende axudar a que a nosa fala teña un futuro e non se converta nunha cousa do pasado.
Neste 17 de maio estivemos a gozar en Ourense xunto a nais, pais, tías e amizades do #porquemepeta, unha festa para as cativas, unha xornada de diversión inmersas en galego, escapando das dificultades que algo tan sinxelo e natural no su día a día. Contacontos, xogos, maxia, graffitis, música e moitas outras actividades dende pola mañá e ata despois do xantar que compartimos na herba do Xardín do Posío.






Radio Liverdade estivo alí para falar coas crianzas, as súas nais e as organizadoras da xornada para que nos conten que lles pareceu a iniciativa e as dificultades que teñen á hora de elexir o galego como lingua vehicular para as súas cativas. Dende a escola cos cambios de lexislación no ensino dunha duministración que non aposta pola normalización da lingua até os medios de comunicación e as insdutrias culturais, en tódolos ámbitos da vida cotiá atopan atrancos para manter a súa fala materna e, aínda que esta foi unha xornada de celebración, tamén servíu para denunciar a situación de desigualdade que vive o galego e que lles afecta ás nosas nenas no seu día a día.


Así, centos de persoas, chegadas de todo o país, puideron gozar dunha xornada marabillosa, compartir experencias, facer novas amigas e falar en galego. Queremos agradecer e darlle os parabéns ás organizadoras do #porquemepeta polo seu esforzo e cariño ao crear esta nova iniciativa e agardamos poder acompañarvos nos vindeiros anos!
Moitas grazas a tódalas crianzas que falan galego, porque lles peta. #porquemepeta.
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=3znGHevOnbE?rel=0&w=560&h=315]
Ligazóns de interese:
#porquemepeta
Canle de Youtube de porquemepeta
Facebook de porquemepeta
Twitter de porquemepeta
Neste programa soou:
Cé Orquestra Pantasma – #porquemepeta