O documental “Quen contamina a Limia?” proxectouse no lugar onde o gravísimo problema ecolóxico causado polo reiterado vertido á terra dos xurros das granxas da gandería industrializada masiva causa no acuífero limián, no río Limia e no encoro das Conchas. O salón de actos do concello de Xinzo, con máis de cento cincuenta espectadores, acolleu o 16 de xullo o pase do documental, unha coprodución de Noticias Dispersas e Radio Liverdade, gañador do premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo 2026” da Deputación de Ourense. No coloquio posterior falou Félix García Yáñez, autor do artigo “COREN, unha historia con trastenda”, publicado na revista “Soberanía alimentaria”. O público dialogou con Merche e Pablo, representantes dos veciños das Conchas que gañaron á Xunta e á Hidrográfica Miño – Sil a histórica sentenza que obriga ás Administracións públicas a devolver as augas ó seu estado natural. Tamén Serxio e Manuel, da Plataforma Auga Limpa xa!, que organizou o acto, e Diego Freire e Alfonso Cid, autores do documental. Foi un acontecemento histórico, na capital do problema, Xinzo, na loita dos habitantes da comarca, e dos ecoloxistas, para frear a contaminación da Limia esixindo a declaración de zona afectada por nitratos, unha moratoria na creación de novas granxas, unhacumprimento redución da carga gandeira e o cumplimento da “Sentenza das Conchas” adoptando a Xunta e o Estado medidas para devolver á Limia a súa riqueza natural estragada por intereses económicos particulares. Neste podcast podes escoitar o coloquio e neste enlace ver o documental “Quen contamina a Limia”.





Moitas grazas a Radio Liverdade e Noticias Dispersas por facer xornalismo para o pobo, que é o que xa esqueceron facer a maior parte dos grandes medios de comunicación.