Visiona aquí o completo documental que está a proer ás partes responsables
Nunha viaxe por Ourense, logo da condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (dependente do Goberno de España) pola súa inacción ante a contaminación no encoro das Conchas, Noticias Dispersas e Radio Liverdade, tratan de responder á gran pregunta. Coñecemos as posturas das administracións e falamos con científicos, avogadas, ecoloxistas, veciñanza afectada, granxeiros xubilados e traballadores. Desafortunadamente non puidemos contar coa opinión doutra parte importante non conflicto que rexeitou o noso convite para expresarse.
Todo este esforzo para atopar a resposta a un misterio “insondable”. Quen contamina a Limia?
