Neste momento estás a ver Radio na Rúa #VEA19

Radio na Rúa #VEA19


Descargar audio

Un ano máis os colectivos que forman parte de ESCUA organizan o veránEarte, un ano máis as rúas e prazas están cheas: de obradoiros, performance, música, activismo, cinema, roteiros, radio, cociña, dereitos civís, contadas, memoria, ganchillo… Actividades para pequechas e maiores na programación alternativa e autoxestionada. Dende unha perspectiva colaborativa, horizontal e descentralizada. Apostan por unha programación de balde, feminista, ecoloxista e en galego aberta a toda a veciñanza de Ourense. E un ano máis, como non podería ser de outro xeito, Radio Liverdade saca os micros á praza Maior para saber de primeira man, cales van a ser estas actividades.

 

Pasaron polos nosos micros:

Carlos Rafael – ESCUA – Presentación do veránEarte
Iago – El Pueblo, Grândola, O Espertello – Concertos na praza
Carlota – Grecicleta
Precedo – Cineclube Padre Feijoo – Clásicos nos barrios e Cinema na praza
Antía e Lucía – Marcha Mundial das Mulleres – Olímpalas e Trivial Feminista
Ana – Tenda de Comercio Xusto – Chocobanano e Tartaleta de fresa e Irene polo Mundo
Jonathan – Amnistía Internacional – Mural polo Dereito universal á educación
Antón – Son das Pipocas – De Rue
Laura e Víctor – Comité Cidadán Antisida – Balconada Fotográfica
Rober – Guerrilla poética – Paseo das Letras
Julio – Masa Crítica – Bicipaseo por unha mobilidade máis sostíbel e Masa Crítica
Uxía e Rute – Fóra do linde – Cata de tomate
Berta e Oso – Óscar Allos – FIB

Estas e outras moitas son as actividades que poderedes gozar este verán en Ourense, podedes ver todas na programación.

programa.jpg

Queremos agradecer especialmente ao Trampitán, pola súa colaboración, a Óscar Pinal polas súas marabillosas fotos e a Ricardo Coronel, Antía Balvís e Carlos da Aira por prestarse a cantar e recitar en directo, sodes un amor!

Ricardo Coronel – Garufa

Descargar audio

Antía Balvís e Carlos da Aira

Descargar Audio

Lemos tamén o comunicado de ESCUA ao respecto da detención infame do compañeiro Miguel, querémos-te na casa!


Descargar comunicado

Querémos-te na casa, Miguel

Recentemente os movimentos sociais de Ourense vivimos outro episódio de repressom, esta vez nom se trata de multas nem de confrontos mediáticos, esta vez temos a um dos nossos na cadeia.

O Miguel está desde o domingo 16 de Junho em Soto del Real, separado da sua família, das suas vizinhas, das suas amizades e do seu povo.

É um preso independentista galego detido por orde da “Audiencia Nacional” e em prisom preventiva sem fiança junto a outros três independentistas, acusados polos médios de intoxicaçom servís ao regime como umha pessoa perigosa colaboradora de banda armada sem a mínima presunçom de inocência.

Miguel é um dos bos e generosos, um dos que aporta, dos que une, dos que suma, um dos que estaria participando e organizando atividades para o veranearte. Dos que nom se calam perante as injustiças, dos que procuram um mundo melhor.

Nestes tempos de recortes de liberdades e auge dos fascismos, desde EsCuA e o Veranearte queremos amosar o nosso apoio e solidarizar-nos co Miguel. Juntas somos imparaveis, queremos-te na casa!

Agardamos que gocedes do programa e de todas as actividades do veránEarte!


Descargar audio

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.