Neste momento estás a ver Radio na Rúa: veránEarte 2018

Radio na Rúa: veránEarte 2018

Escoitar o programa

Este ano voltamos a sacar os nosos trebellos á rúa para presentar as actividades do veránEarte de 2018. De novo tamén nas escaleiras do Museo Arqueolóxico, na praza Maior, estivemos falando coas organizadoras das diferentes propostas que as asociacións de EsCuA teñen para a programación cultural de verán.

vea18_programapeque.jpg

Chega o verán a Ourense e comeza o veránEarte a programación colaborativa e autoxestionada que enche os meses de xullo e agosto de música, cinema, radio, teatro, obradoiros, baile e accións reivindicativas. 35 actividades promovidas por 21 colectivos da cidade a pé de praza, a pé de rúa e de balde. Porque a rúa ten que ser para a xente, os barrios para as veciñas e por iso ninguén debe pagar taxas por usar un espazo que é seu. Segue cada día toda a info do #VeA18 no facebook e no twitter de EsCuA.

 

Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron en facer este programa, especialmente ao Café Trampitán, Óscar Allos, A GalleiraEspazo en Común e moi especialmente a Óscar Pinal por estas fotos tan fermosas! E tamén a todas as participantes dos colectivos que organizan actividades no veránEarte.

Pasaron pola nosa mesa:

cartazpequeno

Tivemos a sorte de contar coas actuacións en directo de Gabi, de De Cor de Lousa, de El Burdel de María Magdalena e do grande Ico e con Antía Balvís que nos recitou uns poemas de colleita propia, moitas grazas a todas pola vosa participación! E tamén puidemos escoitar os seguintes grupos que actuarán este #VeA18 e algunhas das cancións que soaron no FIB do ano pasado:

Escoitar o programa

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.