Neste momento estás a ver Radio na rúa: veránEarte

Radio na rúa: veránEarte

Escoitar o programa:

Saímos á rúa a facer o noso primeiro programa en directo e en streaming, e fixémolo ao grande, os coletivos participantes presentaron ante os nosos micrófonos as súas atividades para o veránEarte, a programación cultural para o verán de ESCUA, o espazo cultural aberto, alternativo e atuoxestionado.

veranearte17.jpg

Chega o verán a Ourense e comeza o veránEarte a programación colaborativa e autoxestionada que enche os meses de xullo e agosto de música, cinema, radio, teatro, obradoiros, baile e accións reivindicativas. 37 actividades promovidas por 18 colectivos da cidade a pé de praza, a pé de rúa e de balde. Porque a rúa ten que ser para a xente, os barrios para as veciñas e por iso ninguén debe pagar taxas por usar un espazo que é seu. Segue cada día toda a info do #VeA17 no facebook e no twitter de EsCuA.

 

 

Imaxes cedidas por Óscar Pinal

Rematamos o programa coa ficción radiofónica OVNI, Ourensáns Votan Nazis Inconscientemente.

Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron en facer este programa, especialmente ao Café Trampitán, Café Cultural El Pueblo, Óscar Allos, A Galleira e Espazo en Común. E a tódalas participantes dos colectivos que organizan actividades no veránEarte.

Pasaron pola nosa mesa:

Escoitamos en directo a Gabi, da Asociación Cultural Algarabía e a diferentes membros de Bildung e ademais, tódolos grupos que actuarán no veránEarte.

Escoitar o programa:

Descargar este programa

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.