Neste momento estás a ver Reguetón, muller e educación secundaria

Reguetón, muller e educación secundaria

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

Velaquí a continuación dunha iniciativa de divulgación académico-científica que comezou na primavera do ano 2025 no seo da materia “Investigación e innovación en educación musical” do Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria da UVIGO. Malia desenvolverse no Campus de Pontevedra, a impulsora desta iniciativa é Lucía Casal de la Fuente, docente da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, que imparte nese mestrado. Un curso máis, esta docente propuxo ao seu alumnado transformar textos científicos e académicos vencellados coa investigación e a innovación en educación musical a un formato divulgativo a modo de podcast. Nesta ocasión, o alumnado tivo liberdade para escoller os artigos académicos. A partir da súa análise, fixeron gravacións que foron entregadas para a súa avaliación. Dos catro equipos de traballo que participaron na materia, un deles entregou en tempo e forma o consentimento informado, autorizando a Radio Liverdade a difundir a súa produción, de aí que este curso o podcast conte coa análise dun único texto. Este divulga o seguinte texto académico-científico:

Soler Campo, Sandra, Faure-Carvallo, Adrien, & Vernia Carrasco, Ana Mercedes (2022). Reguetón y representaciones de la mujer: un estudio en Educación SecundariaRevista Internacional de Educación Musical, 10(1), 25-32. https://doi.org/10.1177/23074841221131431

Na espera de que quen escoite este podcast poida achegarse a esta análise tan necesaria sobre reguetón e muller, así como xere reflexións propias, agradecemos a contribución do equipo de alumnas que o elaborou e a todas as persoas que hipoteticamente vaiades bater con este audio. É hora de divulgar!

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.