Este verán estivemos no Festival Reina Loba falando coas asistentes e organizadoras do Espazo Matrioska! Tamén gravamos os concertos (aínda que non podemos ofrecervos todos debido a uns problemiñas que tivemos de gravación no escenario principal) e presentámosvolo todo neste formato argallado polo noso compañeiro Fran, de A Toupeira!

O Festival Reina Loba é un festival organizado en Os Brancos polo Espazo Matrioska, un colectivo cultural e artístico asentado nesta vila Ourensá hai uns anos e dende onde presentan diferentes iniciativas para fomentar a calidade de vida no rural.











Fotos de Óscar Pinal
Nesta gravación podedes escoitar as nosas entrevistas e os concertos de Mundo Chillón, Pedro Pastor, Faneka e Sambusa.





Fotos de Flora
Grazas a Mar e Manuela polas súas entrevistas a Óscar e Flora polas súas fotos e a Fran polas entrevistas e a montaxe!
Agardamos que vos guste!
