As foliadas, os instrumentos musicais, as voces, os sentimentos, a natureza; todos estes elementos soan e poden resoar no teu maxín a modo de audición interiorizada. Déixate levar e escoita os seguintes ambientes sonoros que recolleu e recitou o estudantado universitario do campus de ourense no contexto da materia Expresión e linguaxe musical do grao en Educación Primaria. Todos estes extractos pertencen á obra de Rosalía de Castro como poden ser Cantares gallegos, Follas novas ou antoloxías varias. Pecha os ollos, pasea, recréate e fai soar no teu interior ás seguintes paisaxes sonoras. Unha experiencia proposta por Lucía Casal, docente e investigadora de didáctica das expresións musicais do campus de Ourense.
