Neste momento estás a ver Solidariedade coas compañeiras independentistas, pola absoluta absolución!

Solidariedade coas compañeiras independentistas, pola absoluta absolución!


Descargar o programa

Coa chegada do outono caen as follas e agroma a solidariedade!

Este é un programa en apoio ás encausadas pola Operación Jaro.

Neste programa achegamos información sobre a operación Jaro, pola que se xulgará inxustamente a 12 activistas independentistas e as organizacións das que forman parte: Causa Galiza e Ceivar, os días 19, 20 e 21 de outubro do 2020 na Audiencia Nacional de Madrid.

Con este programa queremos contribuír a desmontar esta montaxe policial e política.

As banduas lanzamos a voz fronte a represión, unha estratexia do estado que procura meter medo, crear desconfianza e desmobilizar á xente e as súas comunidades.

“Nem prisom nem ilegalizaçom do independentismo. Dereito à participaçom política e à solidariedade”

Para colaborar, asinar o manifesto e para + info:
solidariedade12@riseup.net
12empe.wordpress.com

Obrigadas a todas as voces colaboradoras, as músicas e as mans que fan posible que isto soe con xeito!

Músicas e poemas:
1.      Lluís Llach “tossudament alats”
2.      Lluís Llach “L’estaca”
3.      Poema Martin Niemöller
4.      Skandalo Gz
5.      Dakidarría “Seguimos en pé”
6.      Audiolibros da Galiza. “Liberdade Presas Políticas”
7.      Ketekalles “Ahora”

Vémonos nas ondas e nas rúas!


Descargar o programa

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.