Este programa nace para o traballo de fin de curso da III edición online de “Vivas nos queremos”, curso organizado pola Fundación de los Comunes, dentro do seu espazo de autoformación e produción chamado Nociones Comunes (para saber máis podedes consultar: https://aula.fundaciondeloscomunes.net/quienes-somos).
Trátase dun café conversa artellado entre 3 mozas e do que participan 4 compañeiras máis ás que se lles fixeron unha serie de preguntas…
Sen centrarnos nun tema específico, preferimos navegar entre varios. Partimos nun primeiro momento e procurando non reconducir demasiado daquelo que emanase das participantes: agresións e abusos sexuales, voltar a casa soa, o medo, a influencia clave dos medios de “desinformación”, familias e amizades como reprodutoras do medo. Quixemos facer fincapé nas estratexias e fortalezas individuais e colectivas. Escollimos algún dos temas específicos: perspectivas antipunitivas contra as violencias machistas, perspectivas legais e xustiza feminista; masculinidades e violencia, a cuestión dos agresores.. que facemos con eles? Sobre estos lanzamos un par de preguntas concretas, simplemente para coñecer as súas opinións previas sen introducir previamente demasiada información sobre estes aspectos.
Adiantámosvos que este traballo recolle as visións e opinións personais das participantes, coas que a momentos confluímos e a momentos non. Este tema de temas é altamente complexo e cada unha transita o seu proceso persoal de “darse conta”, cada unha coas súas circunstancias, oportunidades e desexos de cambio. Queremos con esta conversa trasladar sentires diversos, sen a maior pretensión que a de manifestar o que nos acontece por dentro e por fóra, xa que moi poucas veces atopamos os lugares e os momentos onde sermos escoitadas sen sermos xulgadas. Unha semente para este camiño de reflexión, discusión, intercambio e crítica feminista.
Gracias Radio LiVerdade por existir e así axudar a espallar as voces das “sen nome”!
Por outra banda e en resposta á dereitización dalgunhas mulleres e aos neofascismos que agroman recentemente, seleccionamos as músicas. Escollimos algunhas, entre as infinitas creacións de mulleres por todo o mundo, porque tamén nós queremos cantar dende calquera latitude con voces, acentos, linguas e peles diversas. Apoiamos as nosas aliadas racializadas aquí e en todas partes fronte aos discursos racistas, xenófobos, fascistas, clasistas, homófobos e tránsfobos que agroman polo mundo, lonxe e moi perto das nosas casas.






Gracias artistas pola vosa música:
1. dende Galicia A banda da loba “Ti e eu”
2. dende Guatemala Rebeca Lane “Ni una menos”
3. dende o Brasil Elza Soares “Carne negra”
4. dende México e Brasil Julieta Venegas e Lenine “Miedo”
5. “Rotundamente negra” poema de Shirley Campbell
6. dende Colombia Bomba Estéreo “Soy yo”
6. dende Galiza e Catalunya El Diluvi con Sés “E ti, só ti” inspirado no poema de María Mercé Marçal “Tres voltes rebel”
7. dende o estado español Ede “Lobas”
8. dende EEUU Nina Simone “New world is coming”
Agradecementos ……
A Beatriz, a miña curmá, non só por terme axudado ao longo do curso, senon por terme aberto os ollos dende moi pequena e amosarme que estamos aquí para loitar polo que é noso.
A todas as miñas compañeiras, Ana, Lucía, Jennifer e Nerea por ter compartido experiencias tan persoais con tanta valentía.
A Uxía por facer posible a realización e a montaxe.
A Radio LiVerdade e a súa xente por existir e por colectivizar os seus recursos.
Gracias por este espazo nas ondas. Porque queremos espazos que nos sirvan para poder axudarnos unhas ás outras. Nos que poidamos, nun ambiente cómodo e seguro poder trasladar as nosas experiencias e medos, co fin de crear estratexias que aumenten a nosa seguridade e confianza en nós mesmas. Espazos nos que toda esa raiba que percorre os nosos corpos con cada noticia e con cada perda dunha de nós, se convirta na forza precisa para poder seguir o legado que xa as nosas ancestras comezaron decenas de anos atrás.
Porque como din elas “non me dá a gana de deixar de saír soa!”