Neste momento estás a ver Trebón na rúa Liberdade

Trebón na rúa Liberdade

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

O Dodo Dadá abriu as súas ás para abeirar un “Trebón de verán”, entre onda e onda de calor nun Ourense urxentemente necesitado de calquera conmoción resucitadora. Na tarde do xoves 23 de xullo, con moito público aberto de orellas, produciuse na rúa da Liberdade unha descarga súbita de enerxía xerada por corpos inquedos que esparexeron lóstregos e tronos ao confluír no espazo do niño do Dodo Dadá coidado por Marita e Jose. Un Trebón con Alfonso Rodríguez e Óskar Eukesei lendo os seus textos, Adriana e Cucha creando imaxes en movemento con proxectores de transparencias, e o “ruído” provocado por Nocturno, Rosebud, Tatiana, Josechu, Abarrategui, Xema e Gala. Radio Liverdade tratou de recoller o audio deste fenómeno meteoroilóxico.

No Trebón participan:

Vlfxvrz; (https://www.instagram.com/vlfxvrz/), que son:

Nocturno – cordas e tarekos electrikos.

Rosebud – pedais

Tatiana Bello – saxofón (https://www.instagram.com/tatidentata/)

Wind WordsNoise; que son:

Josechu de Dios – trompeta

Abarrategi – baixo, alto, efectos e repeticións (https://www.instagram.com/dr_one_3/)

Alfonso Rodríguez – poemas (https://www.instagram.com/alfrodriguezzz/)

Óscar Eukesei – poemas (https://www.instagram.com/eukeseiii/)

Xema Feijoo – saxofón

Gala Rodríguez – teclado midi (https://www.instagram.com/actodegala/)

Cucha – visuais (https://www.instagram.com/lua6_visuais/)

Adriana Pérez – visuais (https://www.instagram.com/expoplanetarium/)

Alfonso Cid, Radio Liverdade, https://radioliverdade.com/, toma e edición de son.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.