• Roteiro da Esmorga

    Biblioteca Pública Nós Rúa da Canle, 6, Ourense, Ourense, Spain

    Este mes descubriremos Ourense a través das páxinas da Esmorga a obra mestra de Eduardo Blanco Amor. Nesta ruta literaria mergullámonos nos escenarios da novela, recreando a viaxe nocturna de Cibrán, Bocas e Milhomes polas rúas e recunchos da cidade. Un percorrido que conecta a ficción coa realidade, desvelando as claves culturais, sociais e urbanísticas […]

  • Roteiro modernista de Ourense

    Biblioteca Pública Nós Rúa da Canle, 6, Ourense, Ourense, Spain

    Un percorrido pola Ourense do cambio de século, do XIX para o XX, a través do seu desenvolvemento urbanístico coa incorporación das novas formas arquitectónicas. Desde as últimas obras asinadas por Queralt até a década de 1930. No percorrido descubriremos algunhas das referencias da arquitectura modernista en Ourense, con especial mención, entre outros, aos deseños […]

  • Roteiro literario

    Biblioteca Pública Nós Rúa da Canle, 6, Ourense, Ourense, Spain

    Polo Día do Libro, este ano vamos percorrer Ourense á par da historia da escritura e do libro. Ao longo do paseo descubriremos os distintos “libros” que foron aparecendo ao longo da Historia, como e onde podemos hoxe encontralos, porémoslle cara a esas persoas que fixeron dos libros a súa forma de vida, e coñeceremos […]