Neste momento estás a ver “Heart of Gaza. Memorias dun neno palestino”

“Heart of Gaza. Memorias dun neno palestino”

Visiona os debuxos e escoita as voces da exposición:

A biblioteca pública Nós de Ourense acolle, ata o 18 de setembro, esta exposición do proxecto Heart of Gaza. Son medio cento de debuxos, realizados por nenos palestinos de entre 3 e 17 anos de idade, na “Tenda da arte” do campamento de refuxiados na cidade de Deir al-Balah. A exposición chegou a Ourense, o primeiro lugar na península Ibérica onde se mostrou, da man do movemento “BDS Galiza” que demanda o boicote, os desinvestimentos e as sancións contra Israel e os seus cómplices políticos e comerciais.

Cada debuxo está acompañado da foto do neno ou a nena autora e dun texto no que explica o que quixo representar ou expresa os seus recordos, soños, sentimentos; os terrores que están vivindo polo xenocidio que executa Israel contra os palestinos co silencio cómplice da maior parte do mundo. Outros tantos personaxes da cultura e da vida civil galega prestan as súas voces lendo os textos das crianzas de Gaza. Estas voces son as de Diego Freire, Serxio Pazos, Fernando Romay, Baldomero Moreiras, Luís Zahera, Chus Pato, Javier Olleros, Peter Punk, Silvia Penas, Jaione Camborda, Melania Cruz, Patricia de Lorenzo, Juán Tallón, Paula Carballeira, Ledicia Costas, Suso de Toro, Yolanda Castaño, Miguel de Lira, Berta Dávila, Jorge Mira, Fernando Dacosta, Tito Asorey, Brais Lorenzo, Antía Otero, Guadi Galego, Lucía Aldao, O Leo de Matamá, Abraham Cupeiro, Nuria Vil, Gonzalo Navaza, Xurxo Souto, Vero Boquete, Antón Lamazares, Iria Sobrado, Marcos Puhinger, Diego Ameixeiras, Nuno Pico de Grande Amore, O mago Teto, Lois Patiño, Laura Iturralde, Amador Arias, Ánxeles Cuña, Anxo Cabada, Bea Lema, Mónica de Nut e Pablo de Rei Zentolo ea xente de La canalla ethical clothes.

 

Durante a inauguración da exposición celebrouse unha videoconferencia en directo con Gaza na que Mohamed Timrad, o impulsor do proxecto Heart of Gaza, explicou a situación no momento e dialogou cos asistentes.

 

 

Coa participación de nenas e nenos de entre 5 e 9 anos de idade houbo en xullo un obradoiro de debuxo animado por Marita Carmona e Xosé Vilamoure da Galería de arte Dodo Dadá. Os debuxos feitos por nenos de Ourense foron escanados e enviados ós seus iguais de Gaza, como este, de Duarte, que manda “coradróns de papel e paz”.

 

Tamén houbo unha sesión de contacontos na que a actríz Uxía Morán interpretou dous contos infantís con personaxes de Palestina.  

 

Na Galería Dodo Dadá, a creadora plástica Tareixa Taboada animou un obradoiro de modelado en arxila no que os participantes fixeron pombas para Palestina

 

A galería Dodo Dadá foi tamén o lugar onde o 22 de agosto houbo “Arte con gancho”, unha iniciativa artística de Manuel Figueiras na que o público puido pescar con cana unha obra de arte situada dentro dunha imaxinada piscina. As obras foron logo subhastadas lográndose unha recadación de case 1.000 euros que saiu inmediatamente con destino a Palestina para axuda humanitaria, basicamente comida. 

O evento no Instagram

 

O xoves 28 de agosto Marita e Jose, da galería de arte Dodo Dadá, volveron animar un obradoiro de “NeNós pintan para Gaza”   

 

Rei Zentolo lanzou unha serie especial de camisetas que se venden a beneficio do proxecto “Heart of Gaza”

Merca aquí a camiseta solidaria de

Radio Liverdade é o medio oficial da mostra Heart of Gaza. Colaboran xenerosamente a Biblioteca pública Nós, Noticias Dispersas, Anfer, imaxe corporativa, A0 Plus copistería, Redeiras.net, Galería de arte Dodo Dadá e Rei Zentolo.

PRENSA NA REDE

          PRENSA EN PAPEL

 
 

 

 

     

 

 

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.