ESCOITA O CAPÍTULO 0: Ir a descargar
Furia Feminista é un podcast que nace en marzo de 2020 en medio dunha pandemia mundial porque non hai nada que unhas feministas intrépidas e cheas de amigas igual de atrevidas que elas non se animen a facer en medio do confinamento. Esta historia que hoxe comezamos nace das ganas de escoitarnos, reflexionar e rir xuntas… cun podcast galego e en galego. Da Galiza para a Galiza e para o mundo. Nace e camiñará da man de Radio Liberdade e da Marcha Mundial das Mulleres como máis unha ferramenta para a reflexión e a acción feminista.
As seccións coas que contará serán:
As Mulleres Falan: Para favorecer a participación das mulleres a través de entrevistas e audios que poden enviarse a furiafeministagz@gmail.com.
O Minuto Feminista: Coa vontade de facernos preguntas sobre cada tema proposto no programa para que da proposta de Furia Feminista broten máis e máis preguntas.
Unha Historia Feminista: Nesta sección queremos percorrer as pequenas e grandes historias do feminismo, para coñecer as nosas xenealoxías e referentes.
Queridos Aliados: Nesta sección de Furia Feminista queremos axudar aos nosos aliados. Para que logo digan que as feministas non somos pedagóxicas.
Música Feminista: en cada Capítulo/Programa soarán dous temas dunha artista. Aceptamos suxestións!
Lembra que o próximo capítulo titúlase “Como sobrevive unha feminista a unha pandemia?” e que podes enviar o teu audio a furiafeministagz@gmail.com (tenta que non dure máis de 40sg!).
Coa sintonía de Readmirando a condición de Sés como banda sonora, xa estamos aqui… que comece o matriarcado!!!!
Neste Furia Feminista soaron:
Readmirando a Condición – Sés
Girls Just want to have fun – Cyndi Lauper
Time afer time – Cyndi Lauper
True colors – loita lgbt – Cindy Lauper
ESCOITA O CAPÍTULO 0:
Ir a descargar

Moitas grazas por abrir este espazo.
Pensó nalgo pa enviar!!!